Participación do Ilusionista Mago Marco na Televisión de Galicia no programa Feirantes.
O ilusionista Mosense foi unha vez mais convidado por a Television Autonomica Galega ( TVG).
Clica en la imagen para ver el Video
Marta Doviro busca a mellor polbeira ou o mellor polbeiro de 2017. Nesta nova temporada, “Feirantes” ten so tres coachs, que asesoran os concursantes durante os próximos seis programas (no sétimo, que é o que corresponde á final, non interveñen os coach).
Mercedes Rodríguez, de Pulpería Neira; Amador Porta de Polbería Porta da Estrada, e Paco Gómez, de Pulpería Á Feira, reciben como concursantes a Manuel, procedente de Pontedeume; Carmen, de Cospeito, e Iván, do Carballiño.
Nesta nova etapa muda o xeito de escoller coach e cóntase coa Polboneta, unha motocarro guiada por un polbeiro ambulante que anda polas feiras. Tito Rober é o encargado de darlle vida a Linolio, o polbeiro ambulante que cada semana coa súa Polboneta encherá de risas o programa. Nesta ocasión, xunto a Linolio está o versátil Pedro Brandariz.
"Feirantes" aderézase coas actuacións do Ilusionista Mosense Mago Marco, o grupo de música galega Brath, e a orquestra pontevedresa La Oca Band.
O chef convidado é Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado da Leña, en Pontevedra, que prepara un “Cebiche á galega”.